Dormitorio Eros

Dormitorio Lía
3 Febreiro 2017
Modular Batea e Mesa Furancho
19 Decembro 2018

Dormitorio Eros

O noso primeiro proxecto, mais que un traballo foi un regalo….unha persona moi especial confiou en nós para que lle désemos forma ó seu novo dormitorio e, por que non decilo, ó seu novo estilo de vida. Tratábase dun reto, xa que había que romper co vello e usado, e crear un espacio persoal e único, á vez que cómodo e práctico.

A libertade que nos deu foi enorme, xa que as súas únicas condicións foron que non tivera mesillas de noite (nada de ciaxóns que so serven para almacenar cousas inútiles “palabras textuais”!), un armario grande de parede a parede para ter moito espazo de almacenaxe para a roupa e, por último, que fora fácil de limpar y manter. Esto último é un detalle que a veces ignoramos, pero hai que ter en conta que no día a día, unha vivenda costa moito mantela limpa e ordenada (sobre todo co ritmo de vida tan frenético que levamos), polo que uns mobles sencillos, sen demasiada ornamentación e incluso sen espazos que permitan a acumulación de po e suciedade, axudarannos a manter a nosa casa mais limpia.

Con estos parámetros e deixando voar a imaxinación, naceu EROS. Un dormitorio sencillo feito en madeira de nogal e bidueiro, acabada en cores naturais da propia madeira para facer contraste entre o claro e o escuro. O armario é unha peza impoñente de 340 cm de ancho, con interiores en tableiro de liño, dividido en 3 módulos nos que hai espazo suficiente para guardala roupa. Conta con zona de perchas, estantes, pantaloneiro, bandexas e caixóns; todo ben diferenciado para que cada cousa vaia no seu sitio. Deixamos incluso unha zona “morta” onde se ocultou un enchufe e unha toma de televisión para que o día de mañá se poida colocar unha.

Tanto no cabeceiro como na cómoda, tívose moi en conta o de ser mobiliario fácil de manter, xa que ambos mobles son de líneas rectas e non chegan ó chan, o que facilita a limpeza. Na cómoda puxéronse un par de caixóns, a xogo co resto do mobiliario, acompañados de 2 pezas rectas que ofrecen espacio para colocar enseres persoais e obxectos de decoración. Un espello sen marco, que lle da mais lixereza, cerra o conxunto.

Pretendíase que o cabeceiro fixera de obxecto de decoración, e fora tamen o punto focal da habitación. Fíxose polo tanto un cabeceiro de 250×120 cm que enmarcaría o conxunto, integrando tamén as chaves da luz e os enchufes. As mesillas son simples pezas robustas de madeira que serven para apoiar unha lámpada, un libro ou o móbil.

Como broche final, ó cabeceiro engadiuselle luz indirecta: un elemento que hoxe en día está moi de moda, pero que en Abraite consideramos una parte fundamental nos dormitorios actuais, xa que un elemento tan simple como este, ó que moitas veces non lle damos importancia, pode convertir un bo dormitorio nun gran dormitorio. Non se trata dun elemento de deseño que queda bonito ou decorativo, senón dun elemento de iluminación que non deslumbra, que da luz ambiente e nos axuda no día a día.