


Así conseguimos un dormitorio totalmente funcional, que ten todo o necesario para que a miña princesiña esté a gusto na súa habitación “de maiores”.
Xa sabedes que somos moi fans das luces indirectas; e teño que confesar que o que mais lle gusta a Lía do seu dormitorio é a luz tan chuli que ten para ler os contos pola noite; é o primeiro que mostra cando a ensina, xunto cos tiradores personalizados co seu nome.
Cando tivemos a habitación lista, Lía axudou a elixir a decoración (parte importante, xa que a habitación é para ela). Asique de entre tódalas coleccións que ten Mr. Fox, elixiu “Birds”, ou como di ela, a “Pío”.
Supoño que se chegastedes ata aquí, entenderedes porque este dormitorio está feito co corazón…

