Modular Batea e Mesa Furancho

Dormitorio Eros
19 Decembro 2018
Nova web
19 Decembro 2018
mueble de módulos tricolor con cuerdas

Composición Modular Batea e Mesa Furancho

Este proxecto xurdiu inesperadamente, xa que cando nos chamaron deste bonito ático en Santiago, non pensábamos en facer unha composición para un comedor tan espectacular. A zona na que íamos traballar, albergaba zona de comedor e sala; estando esta última xa medio amoblada por unha composición modular. Querían unha mesa de comedor para usar tódolos días, e na que se poidera xuntar bastante xente a comer e tamén un moble para gardar cousas relacionadas co menaxe necesario do día a día, así como libros e demais obxectos personais, que non desentoase moito co mobiliario da sala e por riba de todo que fose unha cousa espectacular!

Querían que a persona que vise o conxunto quedase impresionada, e que a súa primeira pregunta fose: quen che fixo isto? quen é o teu carpinteiro? quen é o teu deseñador

Como poderedes supoñer, nos encantados de que as primeiras preguntas sean esas….

Despois de varios bocetos, e de darlle moitas voltas, xurdiu a idea da batea para a composición dos mobles….módulos “colgantes” que se suxeitan a unha estructura de madeira anclada no teito. Ademais, a silueta curvada do mesmo, agracede esta estructura, facéndoa mais bonita si cabe. Conseguimos con isto que se reduza visualmente o peso do moble, xa que inda que contamos con sitio de almacenaxe, non cargamos as paredes.

Como compañeira, creamos a mesa Furancho; unha mesa que combina a madeira maciza de carballo en 2 tonalidades cun banco a xogo, permitindo que tomen asiento varias persoas. O nexo de unión definitivo entre as 2 pezas, dánolo o respaldo do banco, xa que combina a madeira e as cores que constitúen os módulos de Batea.

Batea consta de 4 cordas nas que “colgan” os módulos. Temos 10 módulos totais realizados en DM lacado en branco e en madeira maciza de carballo lacado en 3 tonalidades diferentes: gris cinza, negro chapapote e natural. Combinamos así mesmo estanterías abertas, módulos con portas abatibles e plegables e tamén módulos con caixóns (as posibilidades son infinitas, e como sempre, a gusto e necesidade de cada cliente). E facéndolle caso a esto último, un dos módulos está preparado para ser vinoteca, xa que así foi o desexo do cliente. Ademais, as cordas non só son decorativas, senón que ocultan o cableado para que 2 dos módulos teñan iluminación indirecta, independente unha da outra e con chaves ocultas que facilitan a limpeza visual do conxunto.