Ergo: Interiorismo vivenda rural

Entrada del estudio de Abraite, con estanterías y un escritorio
Abraite: Deseño e fabricación de oficina ABRAITE
13 Decembro 2019
baño con mueble y espejo en color madera y aguamarina
Pel: Mobiliario a medida e interiorismo baño Eiró
13 Decembro 2019

Ergo: Interiorismo vivenda rural

Este proxecto é un dos que mais nos costou porque é a nosa casa, e xa sabemos que "na casa do ferreiro, coitelo de pau"….levamos varios anos dende que empezamos por pintar a primeira parede, porque ó principio ía ser unha vivenda temporal, e ó final convirteuse na casa na que estamos criando ós nosos fillos. Empezamos tirando unha parede para agrandar a sala, logo tiramos outra para agrandar o comedor, logo picamos paredes de pedra, despois cambiamos ubicación de dormitorios,...e o que ía ser un lavado de cara, convirteuse nunha preciosa vivenda. Todo o fixemos nos mesmos, ós poucos, entre tomas de leite e cambio de pañais, entre traballo dun lado e mais do outro; pero todo esforzo ten a súa recompensa, e neste caso, a nosa foi ver a cara de felicidade que puxeron os nosos pequenos cando viron as súas habitacións por primeira vez!

ficha técnica

  • Tipo de proxecto: Vivenda
  • Ano: 2019
  • Servizos: Proxecto de reforma completa
  • Elementos: Vivenda completa composta de salón-comedor-cociña, 3 dormitorios e 1 baño