Brisa

Breixo
13 Decembro 2019
EeN
13 Decembro 2019

Brisa

Deseño e fabricación de dormitorio de matrimonio cuxa principal característica é que tiña que ser claro, transmitindo luz e ó mesmo tempo ser cálido, polo que optamos pola madeira de abedul, á que lle incorporamos uns tiradores en branco para romper un pouco as liñas do armario. A mesma madeira empregámola para o canapé, o cabeceiro e as mesiñas de noite. Estas últimas, quixemos darlle un aire máis moderno engandindo pequenas pezas en branco e turquesa, conseguindo un aire de frescor no dormitorio.

ficha técnica

  • Tipo de proxecto: Dormitorio matrimonio
  • Ano: 2017
  • Servizos: Deseño, fabricación e montaxe
  • Elementos: Armario, cama con canapé e mesiñas de noite de deseño