Dormitorio Lía

Dormitorio Eros
19 Decembro 2018

Dormitorio Lía

Este é un proxecto moi especial, porque a nosa “cliente” era unha persona moi esixente, xa sabedes que os nenos sempre din a verdade, e neste caso había que satisfacela enormemente; polo que podemos decir que este dormitorio está feito co corazón….pode que de primeiras non entendades nada, pero cando rematedes de ler, a definición collerá todo o sentido.
Estaredes de acordo comigo que é unha habitación pequena e, sendo claros, “de onde non hai, non se pode sacar”, ou si?.
Os metros cadrados son os que son, e en planta non se poden aumentar, pero podemos mediante o mobiliario dar sensación de amplitude. Dende o primeiro tiña claro o mobiliario básico: cama de 105, armario e estantería/mesiña de noite. Non podedes imaxinar a de veces que cambiei as cousas dun sitio para outro (menos mal que o autocad non cobra por “reformas”!). En canto me decidín pola distribución….voltas outra vez! Cores, acabados, materiais,…inda que teño que confesar que esta parte non costou tanto, xa que fai tempo que o deseño nórdico me ten atrapada: liñas rectas e puras, madeiras naturais e brancos. O acabado perfecto para un dormitorio infantil e de reducidas dimensións.

Así conseguimos un dormitorio totalmente funcional, que ten todo o necesario para que a miña princesiña esté a gusto na súa habitación “de maiores”.

Xa sabedes que somos moi fans das luces indirectas; e teño que confesar que o que mais lle gusta a Lía do seu dormitorio é a luz tan chuli que ten para ler os contos pola noite; é o primeiro que mostra cando a ensina, xunto cos tiradores personalizados co seu nome.

Cando tivemos a habitación lista, Lía axudou a elixir a decoración (parte importante, xa que a habitación é para ela). Asique de entre tódalas coleccións que ten Mr. Fox, elixiu “Birds”, ou como di ela, a “Pío”.

Supoño que se chegastedes ata aquí, entenderedes porque este dormitorio está feito co corazón